A Consellaría de Traballo e Benestar convoca unha pequena axuda para o permiso de conducir de clase B a mozos e mozas de menos de 30 anos.
15/05/2012
No DOG do 14 de maio de 2012 veñen publicadas as bases para obter axudas para a obtención do permiso de conducir de clase B para menores de 30 anos, residentes na Galiza e en situación de desemprego, cunha antigüidade de, polo menos, seis meses. Ademais destes requisitos esíxese que posúa o carné xove e que os ingresos familiares non superen o IPREM, Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples, en 2,5 veces. Isto supón uns máximos de 14.910,28 euros para as persoas emancipadas, de 16.556,98 euros para as familias de dous membros, e de 18.637,85 para as familias de tres ou máis membros.
Consulta os cursos que comezan na semana que vai entre o 14 e o 18 de maio.Nesta semana na forGA van comezar diversas accións formativas. Esta é a relación dos cursos, por localidades e plans, sobre os que te podes informar nesta páxina web ou nas delegacións que a forGA ten por todo o país. Non esquezas que a forGA está a programar accións formativas, en modalidade presencial ou teleformación, nas que podes preinscribirte dende esta páxina web ou nas delegacións da forGA.
14/05/2012
Extraído do estudo "Unha alternativa Galega á reforma do sistema financeiro Español; a necesidade de redefinir o sistema financeiro galego e a creación dunha banca pública" realizado polo grupo ICEDE da Universidade de Santiago de Compostela.
14/05/2012
Como xa reivindicaba Lois Peña Novo nos anos vinte do século pasado, precisamos institucións financeiras que garantan o reinvestimento do aforro no sistema produtivo galego e "non pode encomendarse esa función á banca privada, cuxo carácter mercantil ha de obrigarlle a pensar máis nos seus propios beneficios que no beneficio de Galiza".
Por que é importante a lingua do navegador? Todos os navegadores web teñen unha lingua como predefinida e esa lingua do navegador dáte a coñecer na web.
Ollado en CiberIrmandade da Fala.
Ollado en CiberIrmandade da Fala.
14/05/2012
Manifestación o 17 de maio ás 12 horas na Alameda de Santiago de Compostela.
Manifesto elaborado polo escritor Agustín Fernández Paz para a manifestación do 17 de maio
VOARES DE ESPERANZA
Manifesto elaborado polo escritor Agustín Fernández Paz para a manifestación do 17 de maio
VOARES DE ESPERANZA
09/05/2012
Don Ramón Otero Pedraio, para loar o labor entusiasta da imprenta de Ánxel Casal e de María Miramontes, chamoulle a aquel obradoiro «pombeiro de voares de esperanza». Pombeiro de voares de esperanza! A frase era o tal, pois desde alí botaban a voar os libros que recollían o mellor do pensamento e da creación en galego. Aqueles non eran tempos doados, mais os azos dos homes e mulleres das Irmandades da Fala foron enchendo de luz as vilas e cidades de Galiza e conseguiron facer visible socialmente a lingua de nós.
Ollado en Nomes e voces
11/05/2012
Lourenzo Fernández Prieto e Dionísio Pereira participarán o sábado 12 de maio ás 16.00 horas no acto Homenaxem aos portugueses mortos pelo Franquismo durante a Guerra Civil Española. Intervendrán nunha mesa de debate xunto a outros profesores das universidades de Minho e Lisboa. No acto, que se celebrará en Monçao, tamén participará Mario Soares, ex presidente de Portugal entre 1986 y 1996.
Escrito por Motse Dopico. Ollado en Dioivo.
08/05/2012
A dereita autoritaria é antidemocrática, e prefire e ignorancia sobre cuestións como a memoria histórica. Non só porque tente evitar os temas conflitivos. Senón porque os beneficiarios do franquismo non queren que se recorde cando se forxou o seu poder. Así o afirmou onte o historiador Ramón López Facal na presentación do proxecto ‘Donde habita el recuerdo’ de Clemente Bernad: un documental e un libro de fotografías sobre os traballos de exhumación das fosas do franquismo.
Ollado en Europapress.
11/05/2012
O número de persoas que viven en situación de precariedade económica na comunidade galega ascende xa a 600.000, segundo datos dun recente estudio realizado pola European Anti Porverty Network (EAPN) España, que foi presentado por Cáritas este mércores en rolda de prensa en Santiago. Así mesmo, ao rededor de 100.000 persoas están afectadas pola pobreza severa en Galiza.
Adega fai público o mapa das áreas afectadas polas fumigacións aéreas de eucaliptais afectados polo gorgullo. Nesas terras, algunhas delas incluídas na Rede Natura 2000, hai ríos, localidades habitadas e especies en perigo de extinción.
Ollado en Sermos Galiza.
Ollado en Sermos Galiza.
08/05/2012
A Xunta xa dispón dun mapa coas zonas propostas pola patronal española do papel, Aspapel, para proceder coas fumigacións aéreas das plantacións de eucalipto que na Galiza están afectadas polo gorgullo. Son en total 69 áreas de 8 quilómetros de diámetro cada unha, distribuídas en terras da Coruña --40 localizacións--, Pontevedra --28 localizacións-- e Lugo --1 localización-- e responden ás masas máis extensas e con maior afectación da praga.
A Comisión de Igualdade é a estrutura competente para desenvolver o compromiso que desde a FUNDACIÓN PARA A ORIENTACION PROFESIONAL, A INVESTIGACION E O DESENVOLVEMENTO TECNOLOXICO, O EMPREGO E A FORMACION EN GALIZA (forGA) se asumiu para facer efectivo o principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes na nosa organización.
25/01/2012
O pasado 26 de decembro de 2011 constituíuse a Comisión de Igualdade da forGA, cuxo obxectivo principal é a introdución progresiva da perspectiva de xénero na Fundación e polo tanto, o desenvolvemento de políticas de igualdade. É ademais o organismo que vai realizar a diagnose, planificación, supervisión e avaliación sobre as medidas e accións concretas que se inclúan no Plan de Igualdade de Oportunidades.











Vídeo de Feijóo intervindo na TV Veo7 para defender a súa...
ZëNZAR PRESENTA UN DVD AO VIVO CO SEU RECITAL DO FESTIVAL D...






